"Salimos co compromiso de varias reunións do alcalde con responsables de Sanidade"-Plataforma

Reunión mantida esta mañá
"Salimos co compromiso de varias reunións do alcalde con responsables de Sanidade"-Plataforma

Nos afeamoslle  o proceder, de ata agora, tanto o alcalde de Xinzo como aos da comarca

Esta mañá o alcalde de Xinzo Amador Díaz acompañada dos concelleiros do seu grupo recibiron a unha representación da Plataforma Pediátrica da Limia, na cal en primeiro lugar manifestaron a súa "desconformidade co proceder tanto do alcalde de Xinzo como dos outros concellos da comarca.

Despois volveron a explicarlle  ao alcalde a situación que segue a existir día a día. Por exemplo no día de hoxe solo teñen unha puericultora a partir das 11 da mañá.

Pola súa banda o alcalde comprometeuse a que este xoves lle transmitiría isto mesmo  outra vez ao xerente da Área sanitaria de Ourense Sr. Rubial e a maiores tamén se comprometeu a que en canto houbera conselleiro de Sanidade forzaría unha reunión con algún membro da Plataforma.


Unha portavoz da plataforma, unha vez rematada a reunión manifestou que non é que saíran satisfeitas, que o único que conseguiron foi un compromiso, que polo momento xa é bastante. Isto non quita que a plataforma siga traballando como ata o de agora, que foron os únicos que fixeron algo para tratar de que esta situación se reverta e que a xente nova poida seguir vivindo na Limia e non tendo que marcharse por non ter un servicio tan básico e primario, como é ter pediatras que atendan aos seus rapaces.