O clube de lectura de Sandiás contou coa presenza de Rafael Laso

Rafael Laso cos rapaces que asistiro ao clube de lectura do seu libro
O clube de lectura de Sandiás contou coa presenza de Rafael Laso

A lectura da semana foi o libro "UNHA VIDA DE RA"

Co propósito da presentación do libro “Unha vida de ra” o pasado venres 15 de marzo no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (Sandiás), o escritor limiao Rafael Laso, autor do mesmo, levou a cabo  a presentación de como xurdiu  a idea de escribilo e a xénese do  contido. Así  mesmo deu cumprida resposta ás preguntas dos cativ@s que participaron no Clube de Lectura. Un intento de saborear a natureza, neste caso a Lagoa de Antela imaxinada, a través da literatura.

Os alumnos e alumnas máis maiores do Ceip de Sandiás participaron no clube de lectura cun traballo interdisciplinar utilizando as ferramentas das ciencias naturais, lingua, historia, artes plásticas, debuxo, literatura, educación física e música. Algúns dos traballos foron presentados no acto e houbo premios para os mellores.

 En concreto, fíxose lectura en voz alta de textos dos libro, exposición de debuxos inspirados na súa lectura, traballouse a metamorfose da ra, as memorias dos lugares (os seus hábitats), as memorias dos sons (os seus cantos) como quedaron rexistradas na historia nas prazas, nos xardíns e nos canzorros das igrexas románicas  o oficio do raneiro e os seus aparellos e o comercio de ras dende a Limia ata a mesma Inglaterra no século XV, entre outras cousas.

A sesión foi moi dinámica e divertida coas aportacións do alumnado do Ceip e a presenza do propio autor Rafael Laso. A actividade foi gratuita e aberta a todos os públicos ata completar aforo.