Cambio xeracional no BNG de Xinzo

Membros do BNG no acto de relevo de competencias
Cambio xeracional no BNG de Xinzo

Carlos Pérez "Siro" pásalle o testigo a Mirian Opazo

O Bloque de Xinzo clausura a etapa de Carlos Pérez “Siro” como figura de responsabilidade orgánica e cede o testemuño a Mirian Opazo, que será a encargada de capitanear o momento doce que vive o Bng tanto no concello limiao coma no resto do territorio galego.

IMG 3099 2

Carlos Pérez conclúe catro anos de liderado cun balance “máis que positivo” e tras os éxitos nacionalistas nas eleccións municipais e autonómicas onde se consolidou como alternativa ó Partido Popular. Continuará a súa labor unha muller con perfil político e creativo. Opazo afronta con ilusión e garantías este paso na súa carreira: “síntome moi afortunada de apoiar este momento de crecemento do Bng, cunha base militante sólida e cun representante na casa consistorial inmellorable como é Camilo Vila”. Mirian Opazo segue ligada á universidade de Salamanca onde se formou en Belas Artes e Produción Audiovisual. A súa curtametraxe “Ningún Deus” foi premiada no Festival de Cans na súa última edición e fora galardonada nos premios Xuventude Crea 2022.

O Bloque atravesa o que é posiblemente o seu mellor momento en décadas e quixo, con este movemento, consolidar a tendencia alcista tanto a nivel interno coma de apoio social.

Así as cousas, o organigrama do Bng de Xinzo queda protagonizado por Mirian Opazo como Responsable Local, Camilo Vila como voceiro e representante do grupo municipal, Manuel Pozo como vicevoceiro, Marta Joga e Leticia Diz como responsables de Comunicación e Estratexia, Andrés López como analista e Alba Feixóo como asesora.