Arrancou o club de lectura ANTELEA

Arrancou o club de lectura ANTELEA

 Formado no seu arranque  por 17 persoas, case todas mulleres


 Dende a concellería de participación cidadá Ricardo Sieiro propuxo a posta en marcha dun club de lectura que se denomina ANTELEA ao que de momento, aínda que se espera que co tempo vaia medrando, deciden un libro de lectura para todos e a semana seguinte reúnense para falar do mesmo e comentar as inquedanzas e ideas que cada un sacou coa súa lectura.



Cada 15 días se xuntarán para comentar o libro escollido de antemán, acordando que cada quenda sexa en castelán e en galego.


Os libros son cedidos pola biblioteca de Galicia, co que os custe sempre é cero.