​ Unha Semana Santa chea de actividades en Xinzo

​ Unha Semana Santa chea de actividades en Xinzo

A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia presentou a programación da Semana Santa.

 As actividades durante a Semana Santa comezarán este sábado día 23 ás 20:00h, co concerto da fadista e filla adoptiva da vila, Maria do Ceo, no Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura. A entrada será de balde até completar o aforo.

Para os máis pequenos, o titular de Cultura Carlos Gómez destacou que terán adicados tres espectáculos de animación musical, que terán lugar nos parques infantís do Toural, do Pombal e na Praza Maior.

●        Baixo o título de “Brincadeiras miudas” a Orquesta Pantasma actuará o mércores 28 ás 18:00 horas no parque infantil do Pombal.

●        O sábado 30, ás 18:00 horas “Ce ó home Orquesta” levará a festa dos miúdos ó parque infantil do Toural.

●        O domingo 31 ás 19:00h, “Os Monifates” traerán o seu carromato cheo de sorpresas até a Praza Maior para o espectáculo de monicreques e música tradicional que fará as delicias dos miúdos e do público en xeral.

Durante as xornadas do luns, martes e mércores de 10:30 a 12:30 horas desenvolveranse na casa da Cultura os obradoiros  gratuitos de decoración de ovos de pascua para todos os públicos a partir dos 8 anos, e o xoves de 16:30 a 18:30 horas, o obradoiro e master class de elaboración de ovos de pascua de chocolate.

Para rematar a programación de Pascua celebrarse o Torneo de Xadrez aberto Vila de Xinzo de Limia, que se disputará no Casino Antelano polas tardes os días 25, 26 e 27, con clases previas durante o luns e o martes.  Esta actividade conta coa colaboran imprescindible do CLUBE DE XADREZ LETHES, do CASINO ANTELANO, e da academia GALESPACE de Xinzo.