Obradoiro de Ovos de Pascua para tódalas idades

Amador Díaz e Carlos Gómez, visitando os obradoiros
Obradoiro de Ovos de Pascua para tódalas idades

O Concello de Xinzo de Limia organiza ata o mércores diversos obradoiros para a decoración de Ovos de Pascua, en horario de 10:30 a 12:30 horas.

Como parte da programación elaborada para a Semana Santa, o Concello de Xinzo de Limia puxo en marcha un obradoiro de decoración de Ovos de Pascua no que participaron máis de 30 persoas durante a primeira xornada.


Este terá lugar os días luns, martes e mércores pola mañá na Casa da Cultura. Durante o mesmo, tódalas persoas participantes aprenderán distintas técnicas para decorar o seu propio Ovo de Pascua artesán. Como continuación deste taller, o xoves de 16:30 a 18:30 horas farase outro Obradoiro para a elaboración de Ovos de Pascua de chocolate.


Durante a sesión inaugural, o Alcalde Amador Díaz e o Concelleiro de Cultura Carlos Gómez achegáronse para ver de primeira man as distintas elaboracións feitas polas participantes do taller.