Chega a Ourense IRIBARNE, o grande éxito da tempada teatral galega
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este sábado, 27 de abril, ás 20.30 h, a última creación de ButacaZero
Municipal de Ourense este sábado, 27 de abril, ás 20.30 horas. As entradas para a función están xa á venda a través de Ataquilla a un prezo de 18 € máis gastos de xestión.
IRIBARNE é o sétimo proxecto do tándem creativo
formado por Esther F.
Carrodeguas e Xavier Castiñeira, ambos os dous responsables da compañía
ButacaZero, e segue o ronsel das súas anteriores obras, fundamentadas na
investigación e na reflexión para dialogar co presente dende unha ollada
crítica e irónica. A obra está escrita por Carrodeguas, que a presenta como
"un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aquí camiñando
da man dun deses personaxes secundarios pero incriblemente imprescindibles da
nosa historia". Segundo ela, é "o traballo máis difícil que escribín
ata agora" e engade que "foi complexo atopar o punto de equilibrio do
humor, do estilo, así como o lugar dende o que se situar".
Pola
súa banda, para Castiñeira, responsable da dirección de IRIBARNE, "este personaxe é inabarcable” e “entendo o que
fixo, pero non dende onde o fixo e por que o fixo", e salienta as contradicións
que foron atopando durante o proceso de investigación, tanto da súa biografía
persoal como da súa traxectoria política. Ambos os dous
sinalan que pertencen a unha xeración, a da Transición, que medrou rodeada dun
"silencio tácito arredor da historia política recente", e que se embarcaren neste
proxecto axudounos a entender de onde vimos. "Paréceme moi interesante que
a obra, que se sustenta sobre o silencio, abra portas ao diálogo, aínda que
sexa para provocar controversia", apunta Carrodeguas.
UNHA
EXITOSA XIRA
Desde
súa estrea en Galicia, en Vilalba -cidade natal do político-, o pasado mes de
xaneiro, IRIBARNE pasou xa por Santiago, Pontevedra, Vilagarcía e A
Coruña, entre outras localidades, coa platea ateigada e o público entregado en
todos os recintos visitados. Esta boa acollida engádese á experimentada por IRIBARNE
en Madrid o pasado outono, onde a peza estivo en cartel un mes completo e
acadou o aplauso unánime do público e da crítica. Dentro de súa xira galega, IRIBARNE -unha
coprodución de ButacaZero co Centro
Dramático Nacional (CDN) e
coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de
Ribadavia- ten previsto recalar Cangas (4 maio),
Narón (18 maio) e Ribadavia (xullo). A peza visitará, tamén, outras cidades do
Estado, como Bilbao (9 maio) ou Vitoria (7 xuño).
Recentemente
fixéronse públicas as candidaturas aos Premios Max, principais galardóns estatais de artes escénicas, e IRIBARNE obtivo
dúas candidaturas: a de Lidia Veiga á
mellor actriz e a de Diego Vilar ao mellor deseño de iluminación.
MÁIS
CA TEATRO
En
paralelo á xira, ButacaZero está a compartir na súa canle de YouTube material
extra que complementa a peza teatral, xa que IRIBARNE
é, por definición, un proxecto transmedia que inclúe a banda sonora de Berto e produtos audiovisuais. Xa é posible
acceder a tres entrevistas feitas durante o proceso de investigación de investigación teatral a Manuel Rivas, a Xesús Palmou e mais a Encarna Otero. Este material foi deseñado pola xornalista e escritora Inma López Silva e conta coa
realización de Pablo Fontenla.
Alén diso, xa está á venda a edición
galega do texto teatral
que chega ás librarías da man de Edicións Positivas.