O BNG de Xinzo pide prazas residenciais públicas
O grupo municipal do BNG insta ó Grupo de Goberno a que actúe para cubrir unha necesidade social urxente.
Camilo Vila e Manuel Pozo, do municipal do Bloque en Xinzo, aproveitaron o anuncio da previsión de dous complexos residenciais privados para recordarlle ó Grupo de Goberno a súa responsabilidade coa cidadanía e as súas necesidades.
Pozo advirte que “as prazas destas residencias privadas
serán para quen as poida pagar e non necesariamente para a xente de Xinzo ou da
Limia”.
O Concello de Xinzo non ten ningunha praza residencial
pública, extremo que é se converte nun problema de presente e de futuro. Xaira Pena,
responsable local de Galiza Nova e sanitaria de profesión, recorda a
importancia dun modelo de coidados “de calidade para lograr un crecemento
social xusto e totalmente íntegro”.
Cómpre recordar que o Bng defendera na súa idea de concello
nas últimas eleccións municipais un modelo público cunha rede de cinco vivendas
comunitarias asentadas no medio rural.