Xa se poden arrendar parcelas na Finca Antela
Os terreos, que suman máis de 49 Ha e que están situados no Concello de Sandiás, póñense a disposición dos agricultores e gandeiros profesionais da zona
Ata o vindeiro 15 de maio está aberto o prazo para que os agricul- tores e gandeiros profesionais da zona poidan facer a súa solicitude para o arrenda- mento das parcelas da Finca Antela, propiedade da Deputación de Ourense e que se poñen a disposición das persoas interesadas grazas ao acordo asinado o pasado martes entre o ente provincial e o GDR Limia-Arnoia para a xestión dos terreos a través do Pro- xecto Aterra.
As
bases da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do día
25 de abril así como no apartado “Demandar terras” que se atopa na páxina web aterra.gal. Nas bases descríbense os
requisitos para acceder a estes terreos que suman máis de 49Ha e que
están situados no Concello de
Sandiás. Alí estáblecese o prezo do alugueiro
- que se fixa en 300€ por hectárea ao ano -, o periodo máximo de arrendamento, o tipo de cultivos aos que se destinarán, e outros requisitos.
Para
presentar as solicitudes é necesario cubrir na páxina web de Aterra un
formulario no que se indicará o nome e os apelidos da persoa interesada,
dirección postal, núme- ro de teléfono
e enderezo electrónico. Unha vez completado o formulario descargaran- se os anexos correspondentes
e enviaranse debidamente cumprimentados xunto coa documentación complementaria
solicitada ao correo electrónico info@aterra.gal.
A solicitude quedará rexistrada unha vez que o confirme o persoal do GDR Limia
Arnoia.
Proxecto Aterra
O
proxecto Aterra, nacido a finais do 2022, é unha parte fundamental da
Estratexia de Desenvolvemento Local 2023-2027
do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia
e
que naceu co obxectivo de impulsar novos proxectos agrarios nos 25 municipios
que forman o territorio.
Neste primeiro
ano de vida, Aterra mobilizou máis de 100.000
m² de terreos en desuso mediante compravenda e cerca de
33.000 m² en réxime de aluguer. Coa incorporación das parcelas que forman a
Finca Antela, propiedade da Deputación de Ourense, am- plíase de forma
considerable o fondo de terras que permite apoiar novas explotacións agrarias
así como o mantemento das que xa existen.
Durante
os vindeiros 25 anos, o GDR Limia Arnoia será o encargado de xestionar estes
terreos da Finca Antela.