Última hora

Xinzo será sede das festas de recreación histórica de toda España

Ana Lozano, Antonio Madrid (Pte.asoc.Nacional), Conchi Ojea (Tesourera nacional) e Marcos Argibay
Xinzo será sede das festas de recreación histórica de toda España

Acordouno a asemblea xeral coincidindo co 25 aniversario da festa do Esquecemento

Entre os días 9 e 11 de maio de 2025, Xinzo será o lugar escollido para facer a asemblea xeral da asociación de festas historicas españolas. O acordo foi tomado por unanimidade no día de hoxe en Linares (Jaén) na xuntanza anual de todos os membros que representan as distintas recreacións de festas históricas. Marcos Argibay e Ana Lozano participaron na asemblea representando a Cívitas Limicorum.