sábado 31/10/20
Xinzo de Limia

GALERÍA | Xinzo resístese a ter que esquecer

Os socios da Civitas Limicorum non puideron festexar este ano a XX edición da Festa do Esquecemento; pero rexeitaron deixar pasar a data conmemorativa sen recordar que a celebración regresará o vindeiro ano con máis forza. 

A comisión organizadora e algúns dos participantes decidiron recorrer onte as rúas de Xinzo, enchéndoas de música -ataviados cos seus traxes de romanos e castrexos- co fin de recordar que o espíritu do Esquecemento segue presente na vila.

Comentarios