Adeus, Entroido, adeus

Adeus, Entroido, adeus
Despois dun mes de troula, o reloxo da Praza Carlos Casares volverá a activarse REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia “En que pouco tempo o...

Despois dun mes de troula, o reloxo da Praza Carlos Casares volverá a activarse

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

“En que pouco tempo o mellor rematou”, queixábanse os amigos do xabarín máis famoso da televisión cando acababa o seu programa. O mesmiño senten destas horas todos os limiaos e limiás despois do último día de celebración do Entroido 2014. O Domingo de Piñata ten sempre ese sabor agridoce de ser día de festa, de disfraces e de Pantallas pero tamén de dicir adeus, ou mellor dito, ata o ano que vén, á festa máis venerada na Limia.

De novo, o grande reloxo que preside a Praza de Carlos Casares porase en marcha despois dun mes marcando a fin da espera, para recordarnos cada día, os que faltan para o que será o Entroido do 2015. Ánimo que mañá xa será un día menos!