A caída dun muro en Rairiz provoca a morte dunha muller de 72 anos

A caída dun muro en Rairiz provoca a morte dunha muller de 72 anos

A vítima, unha mestra xubilada de Cogostro, era a sogra do líder de CxG Pérez Bouza

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

Carmen Gándara, unha mestra xubilada de 72 anos, axudaba onte ao seu home a reparar un muro que tiñan por detrás da casa, cando parte do mesmo se derrubou sobre ela, causándolle a morte. O accidente tiña lugar pola tarde, arredor das 18:40 horas, na localidade de Congostro, en Rairiz de Veiga.

O falecemento de Carmen, que ata non hai moito aínda exercía como profesora no colexio Carlos Cid Arregui, no propio concello, causou unha grande conmoción entre os veciños. Carmen non soamente era a sogra do líder de Compromiso por Galicia, Xosé Manuel Pérez Bouza, senón que tamén unha muller moi querida no municipio.

Desde aquí, queremos enviar as nosas condolencias e moito cariño ao noso colaborador e a súa familia, nestes momentos tan difíciles.