O Concello de Muíños na procura de 36 empregados

O_CORGO
O Concello de Muíños na procura de 36 empregados
A meirande parte destes postos son para o servizo de axuda no fogar e o albergue do Corgo REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O Concello...

A meirande parte destes postos son para o servizo de axuda no fogar e o albergue do Corgo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O Concello de Muíños ven de crear unha bolsa de emprego mediante a que contratará ata a 36 traballadores públicos. Tódolos contratos serán de carácter temporal e virán a cubrir “servizos prioritarios e esenciais para este 2014”, asegurou o popular Plácido Álvarez, alcalde do municipio.

A meirande parte destes postos estarán destinados á axuda no fogar, entre eles nove auxiliares e dous cociñeiros, así como para poñer en funcionamento o complexo turístico de O Corgo con vistas á tempada de verán onde se fan necesarios oito cociñeiros e catro limpadores. Ademais disto farán falta un limpador de instalacións municipais, un avogado, unha psicóloga , un arquitecto, dous oficiais, un condutor para o tractor desbrozadora e seis peóns.

O municipio decidiu crear unha bolsa de emprego no cando de realizar as contratacións de maneira individual para “axilizar o proceso”, pois do contrario este podería durar ata “15 ou 20 días máis”. Cumprindo co principio de publicidade as bases e requisitos para optar a esta trintena de traballos públicos poderán consultase ben no concello ou ben na páxina web do consistorio: http://www.concellomuinos.com/.