“Cumprimos con creces os nosos obxectivos grazas á xente que nos axudou a cambio de nada”

IMG_0246
“Cumprimos con creces os nosos obxectivos grazas á xente que nos axudou a cambio de nada”
O espectáculo Circus14 conseguiu reunir o pasado sábado a máis de 700 persoas  na praza Carlos Casares de Xinzo REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Máis...

O espectáculo Circus14 conseguiu reunir o pasado sábado a máis de 700 persoas  na praza Carlos Casares de Xinzo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Máis de 700 persoas ateigaron o pasado sábado a praza Carlos Casares de Xinzo. A razón era a celebración do espectáculo benéfico Circus14 organizado polo centro de actividades Fusión. Todo aquel que quixo entrar ao recinto debía doar roupa ou alimentos. Uns donativos que conseguiron encher a rebordar dúas furgonetas e que se destinarán a colaborar co proxecto “Vacacións en Paz”, que fai posible que os nenos saharauís veñan a Galicia a pasar o verán, e para o programa de “Atención urxente a persoas en risco de exclusión social” levado a cabo polo Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” coa colaboración de Cruz Vermella e Cáritas.

Para a organización “pensar en Circus14 sen apenas fondos e unicamente con medios que dependen do noso talento e formación é unha auténtica tolería”. Así no lo explicaba Tania Cardenal unha das principais artífices do evento, para quen é precisamente este motivo “o que xustifica o éxito do pasado día 31”. Desde Fusión son conscientes de que unha gala así, con máis de 140 artistas, charanga, circo, grupos de música “pode custar miles de euros”.

Se este evento tan especia foi posible debeuse a que “os artistas non cobraron, e un montón de voluntarios colaboraron na organización”. “Aquí todos traballamos durante meses para que todo saíse o mellor posible”, contounos Tania que ademais asegura séntense “afortunados de poder ter influído, grazas a Circus14 na xente para que axuden a quen máis o necesita nestes momentos tan complicados”.

Un total éxito de convocatoria que superou as pasadas edicións desta gala benéfica da que “os artistas marcharon moi contentos a pesar de vir sen cobrar o seu caché”. Habitación Vudú, a charanga XL, PE & BOL, o Circo dos Muchachos e máis de 140 alumnos de Fusión fixeron coa súa música e o seu arte as delicias dos presentes que se mostraban moi satisfeitos ao abandonar o recinto. A alta participación e gran recollida de donativos fixeron que a organización sentise que  “ cumprimos con creces os nosos obxectivos grazas á xente que nos ofreceu a súa axuda a cambio de nada”.