CxG califica de "cínica" a postura dos alcaldes do PP na comarca da Limia

CxG califica de "cínica" a postura dos alcaldes do PP na comarca da Limia

Consideran que os alcaldes populares, “póñense do lado do Ministro de Xustiza antes de defender aos veciños”, ao non apoiar a manifestación en defensa do xulgado

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Xan Jardón, Secretario Local de CxG e alcalde en Vilar de Santos sí asistirá as manifestacións en apoio dos xulgados da capital da Limia. Así o anunciaba o alcalde, destacando que “acompañará aos seus veciños da Limia nunha reivindicación que CxG considera absolutamente xusta”.

A formación galeguista fai tamén un chamamento a tódolos veciños para participar masivamente na manifestación que terá lugar o xoves día 10 de xullo convocada pola Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia. E recorda que de aprobarse finalmente a lei da reforma xudicial nos termos actuais, os xulgados de Xinzo da Limia pecharán, "cos perxuizos que iso leva asociados".

Pérez Bouza, Coordinador Territorial en Ourense de CxG, considera “que se producirá un afastamento da xustiza dos cidadáns da comarca e tamén dos profesionais, pois terán que desprazarse a Ourense”. Ademais recorda que “se producirá un colapso nos xulgados da capital da provincia, ademais de importantes perdas para o sector comercial e hostaleiro de Xinzo”.