Enfariñar, enfariñar, enfariñeime

Fareleiro 1
Enfariñar, enfariñar, enfariñeime
O Entroido arrancou en Xinzo por todo o alto poñendo o temporal por monteira REDACCIÓN redac@dendealimia.com Case 600 quilos de fariña cubriron as...

O Entroido arrancou en Xinzo por todo o alto poñendo o temporal por monteira

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Case 600 quilos de fariña cubriron as rúas, os establecementos e os limiaos que baixaron ata a Praza Maior de Xinzo onte pola tarde. Un reparto de fariña que ten orixes pagás e que simboliza a purificación, que para que resultase máis completa estivo acompañada das chuvias de “Stephanie”, que nin moito menos acovardaron aos entroideiros.

A fariña circulou con brío salpicando a discreción aos contendentes, que previsores acudiron ben equipados para a batalla con chuvasqueiros, botas, e ata gafas para reducir ao mínimo os impactos. Do que si tivo culpa “Stephanie” foi de que a festa se trasladase aos bares da vila cando azoutaba máis duro, polo que os hostaleiros tiveron que protexer as súas pertenzas da ameaza fariñeira, convertendo os seus locais en campos de tiro.

 Xa desde a mañanciña puideron verse os primeiros disfraces do ano desde ciclo do Entroido que é o máis longo da Península Ibérica con máis dun mes de festa rachada. A próxima cita será o próximo domingo, no que as protagonistas serán as olas.

Se queres ver máis fotos de como se desfrutou do Domingo Fareleiro entra na nosa galería premendo aquí.