Hoxe, a noite é delas

IMG_9444
Hoxe, a noite é delas
Sábado de mulleres en Xinzo de Limia, as féminas desfrutan da festa da que son protagonistas dentro do calendario do...

Sábado de mulleres en Xinzo de Limia, as féminas desfrutan da festa da que son protagonistas dentro do calendario do Entroido

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Esta noite de Entroido é delas, das mulleres. E vaia se a saben aproveitar. Non pode faltar o disfrace nin a compañía das amigas. Seguindo cos bos costumes, as limiás xuntáronse para cear e arestora, con algún infiltrado ben recibido polo medio, bailan na Praza Maior de Xinzo ao ritmo das charangas XL e Achicoria.

Mañá, Domingo Corredoiro tocará desempoar por fin as máscaras de Pantalla e encher de novo a vila co son das chocas e a cor das capas. Unha das citas máis esperadas na que reaparece despois dun ano a protagonista, animadora e autoridade lexítima do Entroido. A partir das 12:30 horas reuniranse no epicentro da festa, a Praza Maior baixo a organización da asociación A Pantalla, para “correr, troulear, saltar, brincar pero sobre todo sulfadrear”.

Búscate na nosa galería de fotos da Noite de Mulleres premendo aquí.