“ Mañá a mañá, eu por decreto, darei a orden de paralización, precinto desas instalacións e reposición da legalidade

Pleno extraordinario cos veciños de Parada como espectadores privilexiados.
“ Mañá a mañá, eu por decreto, darei a orden de paralización, precinto desas instalacións e reposición da legalidade
E  digo mais, o mesmo que dixen pola mina de S. Pedro, si isto se chegara a poñer en funcionamento,...

E  digo mais, o mesmo que dixen pola mina de S. Pedro, si isto se chegara a poñer en funcionamento, o día seguinte, dimito como alcalde.estas foron .Estas foron as últimas palabras do alcalde Antonio Pérez, antes de pechar o pleno extraordinario que  unanimemente a petición do Alcalde, decidiron  non cobrar. 

As 4 comezaba o pleno que houbo que declarar de urxencia para debater a moción conxunta e consensuada de todos os grupos políticos que mañá levarán tamén ó pleno da Deputación Provincial, no mesmo sentido. Despois da aprobación de urxencia de desculpar ós concelleiros que faltaban leouse por parte do secretario a moción que dí: “Instar a Xunta de Galicia para que non conceda a licenza de actividade para unha planta de mistura bituminosa en quente que se pretende montar no lugar de Bouza en Parada de Ribeira.