Un Oleiro para os máis veteranos

Alfonso Súarez, técnico de cultura do Concello de Xinzo foi o encargado de presentar o Oleiro de Maiores. DAL
Un Oleiro para os máis veteranos
No Entroido deste ano os maiores da vila contarán cun xogo das olas moi especial e só para eles REDACCIÓN redac@dendealimia.com Unha das...

No Entroido deste ano os maiores da vila contarán cun xogo das olas moi especial e só para eles

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Unha das novidades deste Entroido 2014 será unha actividade que organizan o Centro Sociocomunitario e o Centro de día de Xinzo de Limia. Desde estes espazos decidiron adaptar o xogo das olas aos máis maiores da vila, ca fin de que eles tamén desfruten da festa e teñan un Oleiro propio.

Así, o próximo luns 17 de febreiro nos exteriores do centro sociocomunitario e animado polo grupo de gaiteiros “Foliada”, terá lugar un Oleiro de Maiores. Segundo explicou Alfonso Suárez en nome da comisión de festas na presentación do Entroido 2014, empregaranse para estes xogos, olas prefabricadas feitas de cartón e papel, “para non poñer en perigo a seguridade dos xogadores”. Esta iniciativa partiu da vontade de facer máis partícipes da festa aos maiores, e Suárez asegurou que “aínda que pode parecer algo secundario, resultará unha actividade entrañable e bonita”.

As mellores charangas

“Ao Entroido de Xinzo traemos as mellores charangas do panorama galego e intentamos traer as mellores de España”, declaraba tamén o pasado venres Alfonso Súarez, técnico municipal de cultura e membro da comisión organizadora. Pouco a pouco, ademais de apostar polos grupos locais e conseguir as actuacións das máis prestixiosas charangas galegas, desde a organización desta gran festa, traballan por traer a Xinzo, aos representantes máis brillantes deste tipo de música en España. Xa o conseguiron segundo afirmou Suárez, o ano pasado coa visita de Los artistas del gremio, e neste 2014 non baixaron nin un chisco o nivel con Los Tocados, que asegura “son do mellorciño”.

Imaxe de portada: La Región