O pobre “Meco” será colgado mañá con ameaza de neve

o meco
O pobre “Meco” será colgado mañá con ameaza de neve
A próxima estación do Entroido chega  cunha procesión pola zona vella e un aforcamento público na Praza Maior REDACCIÓN redac@dendealimia.com Mañá as sete...

A próxima estación do Entroido chega  cunha procesión pola zona vella e un aforcamento público na Praza Maior

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

Mañá as sete da tarde, sairá do Barrio Vello unha pintoresca procesión á que hoxe en día, chamaríamos “vintage”. Todos os veciños limiaos rescatan dos seus armarios as vestimentas máis tradicionais ao estilo de avós e bisavós, para pasear o “Meco” nun carro de vacas e ataviados con corozas e fachóns. Este ano deberano facer ben abrigadiños, cargándolle á pana e á lá porque segundo os nosos amigos de 4gotas podería nevar.

O “Meco” que representa o máis negativo da sociedade, cólgase na Praza Maior ata o final do Entroido, ese tempo máxico no que as preocupacións ou son menos, ou préstaselle menos atención. Os responsables de que esta tradición tan senlleira se conserve no imaxinario e nas costumes dos limiaos, son a asociación A Pantalla e grupo musical  Aimil, encargados de organizar o evento.