O PSOE denuncia que non estea previsto “nin un céntimo” para compensar aos agricultores limiaos afectados polos temporais

Fidalgo e Seara
O PSOE denuncia que non estea previsto “nin un céntimo” para compensar aos agricultores limiaos afectados polos temporais
A pesar de que se calcularon máis seis millóns de euros de danos na comarca, a provincia enteira recibirá 1,2...

A pesar de que se calcularon máis seis millóns de euros de danos na comarca, a provincia enteira recibirá 1,2

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A deputada socialista Laura Seara ven de denunciar que a pesar dos danos rexistrados na agricultura da comarca da Limia por causa dos temporais, que segundo os sindicatos ascenden aos seis millóns de euros, non estea “previsto nin un céntimo” para compensar o sector produtivo.

Xunto ao senador Miguel Fidalgo, os dous políticos do PSOE criticaron en roda de prensa que o Goberno teña paralizadas as axudas, e definen como “escarnio que soamente se dediquen á provincia de Ourense 1,2 millóns de euros”, dos máis de cen contemplados para este fin. A deputada limiá referiuse a esta cantidade coma “inversións pírricas”, recordando que "dos máis de 100 millóns de euros previstos, só un 1% se inviste nos ríos da provincia, cando para o Plan de Reparación do Litoral e das praias está prevista una inversión de 44 millóns de euros".

Seara recordou que "non hai nada máis previsto", de maneira que "despachan 85 concellos da provincia con 200.000 euros para o río Caldo el Lobios, 310.000 euros para 17 concellos da Limia, 355.000 para 67 da conca do Miño e 350.000 para reparacións nos ríos Matabois, Requeixo e Bibei nos concellos de A Veiga, O Bolo e Montederramo".