O último baile

Domingo de Piñata Portada
O último baile
O Domingo máis doce do Entroido, o de Piñata, despide a festa ata o ano que vén REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia É un...

O Domingo máis doce do Entroido, o de Piñata, despide a festa ata o ano que vén

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

É un día duro de aceptar, porque representa a fin. A fin da época máis agardada do ano para todos os limiaos. O final do Entroido. Hoxe, iso si, entre doces e bailes, despediuse a Don Carnal ata o ano que vén co Domingo de Piñata. Deu tempo a un último baile na Praza Carlos Casares e a gastar un par de fichas nas atraccións. O bo tempo fixo que os peques puidesen desfrutar dun día dedicado a eles, e abofé que se resarciron ao igual que os propios feirantes, despois da chuvia que acompañou a algúns dos días grandes do Entroido.

Podes ver máis fotos premendo aquí.