Vinte e dous meses de prisión para a vidente de Xinzo acusada de falsificación documental

OURENSE. 14.05.2014. AUDIENCIA PROVINCIAL, JUICIO A VIDENTE. FOTO: MIGUEL ANGEL
Vinte e dous meses de prisión para a vidente de Xinzo acusada de falsificación documental
Finalmente foi absolta do delito de vulneración dos dereitos de traballadores estranxeiros REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Elsa Altagracia Acequiel, a vidente dominicana veciña de...

Finalmente foi absolta do delito de vulneración dos dereitos de traballadores estranxeiros

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Elsa Altagracia Acequiel, a vidente dominicana veciña de Xinzo que foi acusada de vulnerar os dereitos dos traballadores estranxeiros e falsificar certificados médicos e bancarios, foi absolta do primeiro destes delitos e condenada polo segundo a 22 meses de prisión, por sentenza da Audiencia Provincial.

Ademais este delito polo que a xuíza lle impón pena de prisión, ten o atenuante de “dilación indebida”, solicitado pola defensa da vidente, pois a instrución xudicial do caso comezou hai xa cinco anos "e non resultan xustificadas as paralizacións advertidas na tramitación, algunha delas próxima a un ano”.

Joaquín P.V. o outro implicado no caso, quedou finalmente absolto dos dous mesmos delitos, unhas irregularidades relacionadas coa tramitación de contratos laborais para preto de vinte mulleres da República Dominicana, todas elas da familia de Elsa Altagracia. A absolución de Joaquín baséase na falta de probas que acrediten que verdadeiramente imitase as sinaturas de súa nai e unha amiga, nin que falsease un poder notarial que lle permitía actuar no seu nome para contratar a tres das familiares da vidente como empregadas do fogar.

Así, segundo reza a sentenza, quedou demostrado que a vidente de Xinzo falsificou certificados médicos e bancarios pero que a súa actuación traduciuse na presentación de solicitudes para traer a España a compatriotas dominicanas “coa finalidade de poder acceder ao mercado laboral, non resultando evidente que mediase outra intención dirixida a menoscabar a súa dignidade ou atentas contra os seus dereitos”.

Porén, a resolución xudicial non é firme e pódese interpoñer contra ela un recurso de casación ante o Tribunal Supremo, cun escrito presentado ante a Audiencia Provincial nos cinco días seguintes á súa notificación.