Xinzo está “completo” para este Entroido

hotel xinzo
Xinzo está “completo” para este Entroido
Xa non hai habitación libre en ningún dos establecementos hoteleiros da vila para o que queda de festas REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Algúns tiñan...

Xa non hai habitación libre en ningún dos establecementos hoteleiros da vila para o que queda de festas

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Algúns tiñan reservas para estes día desde hai tres meses, pero finalmente todos os establecementos hoteleiros de Xinzo lograron colgar o cartel de “completo”. O Entroido tira da economía limiá con tódalas súas forzas porque non soamente hoteis e hostais se benefician dela, senón tamén a hostalería e os comercios. Segundo asegurou o alcalde Antonio Pérez en declaracións a La Región, increméntanse as vendas “en disfraces, doces típicos e incluso fariña e complementos”.

O desbordamento de Xinzo que dispón de máis dun millar de prazas de restaurante e un centenar de camas, desvía aos visitantes a outros concellos da comarca coma Rairiz, Sarreaus, Vilar de Santos e Baltar. O Entroido máis longo do ano que é segundo o Concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, xunto ao verán, o verdadeiro motor da economía limiá.