sábado 26/9/20
Música

Cantarolas para xente miúda no Auditorio de Xinzo

A cita terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura a partir das 19 horas.

Cartaz promocional do evento.
Cartaz promocional do evento.

A Rede de Dinamización Lingüística en colaboración do Concello de Xinzo de Limia organizan para mañá luns, día 26 de decembro, "Cantarolas para xente miúda", un espectáculo musical dirixido aos máis pequenos que nestas datas anden pola vila. 

O evento consiste nun espectáculo de música infantil familiar sobre poemas musicalizados do recentemente falecido escritos galego Xosé Neira Vilas. A música é do compositor galego Suso Vaamonde. A cita terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura a partir das 19 horas.

Comentarios