miércoles 5/8/20

CHUPADESKAY en Xinzo

Esta noite a partir das 23:00

 

Pablo Barje
Pablo Barje

https://www.youtube.com/watch?v=8VXer_g2-zs

Continuando cos concertos de Limia Sonora esta noite subirase ao escenario da Carlos Casares o grupo CHUPADESKAY do cal é membro fundador Pablo Barge músico oriundo so Bierzo, aínda que con sangue limiá.

Pablo Barge, músico galego tráenos este novo proxecto que viaxa entre o rock, o funk e a música de baile. Pablo Barge ten unha ampla traxectoria ás súas costas, comezando como guitarrista en Carpe Diem. Posteriormente inicia unha carreira en solitario fincándose en Santiago e compartindo escenario no mítico Dado-Dadá con artistas como Max Sunyer, Carles Benavent, Raimundo Amador, Pablo Castaño, Carlos Arévalo ou Antonio Casado e Andoni Arcos ( Cornelius 1960) e converténdose en habitual dos locais de música de Compostela. Gravou un disco, como baixista, en 2006, coa banda Supersandwich pero non tarda en abandonar a banda e formar CHUPADESKAY. Finalista do IV Concurso Talentos Puro Catro [organizado polo grupo televisivo Mediaset, propietario de Telecinco e Catro] grava o seu disco nada menos que entre localidades tan dispares como Galicia, Ámsterdam e Londres, logrando un resultado final moi cohesionado e de calidade auditiva incontestable. Contou coa inestimable colaboración de Ramón Raíndo, Diego P. Castro, Luz García, Mary Vilar, Susana Olveira, Pablo Castaño, Samuel Ramos, Paula Barge, Joel Rúa e María Finkernagel. Masterizado en Abrigueiro Estudos por Arturo Vaqueiro, conseguindo un son alegre e relaxado que imprime a intimidade deste músico. CHUPADESKAY presenta o seu disco con 14 temas que esperan chegar a todos os oídos.(Páxina Oficial)