jueves 02.07.2020

Música variada e a carteleira de cine para gozar do tempo de ocio pola Limia

    Chega o venres e con el comezan os concertos musicais por distintos locais da comarca. A Arca da Noe en Vilar de Santos, chegan esta noite Bouba Pandereteiras dende a comarca de Compostela. Estas mozas mesturan a música tradicional co cante. A cita musical a partir das 22h. 

O sábado trae música para tódolos estilos. A Corte dos Bois, en Sandiás, ofrece unha masterclass de guitarra blues a partir das 21h, da man do francés Phil Riza. O artista considerado "o último trovador errante do Rock and Roll", dará un concerto a partir das 23h, con acordes da música americana dos anos 40 e 60. 

Pola súa banda, a sala Urban Place, en Xinzo, acolle o concerto de Panghea. Rock galego en estado puro a partir das 23h. As entradas custan 5 euros. 

O domingo a Arca da Noe recibe a visita de Nano García e Pablo Nóvoa que presentan o seu disco Radio Pesqueira. Unha mestura de guitarra eléctrica e flamenca con cancións inspiradas no jazz e o blues de Galicia e Andalucía. O concerto terá lugar a partir das 20h.

En canto a carteleira do cine Gesma, estréase Spectre, a última entrega da saga do axente 007, James Bond. As sesións son o venres 13, sábado 14, domingo 15, luns 16, mércores 18 e xoves 19 ás 20.15h e ás 22h. 

Comentarios