jueves 02.07.2020

Concertos, cine e último domingo de Entroido para esta fin de semana

Concertos, cine e último domingo de Entroido para esta fin de semana

    A Arca da Noe en Vilar de Santos trae unha proposta musical da terra para esta noite de venres. A cantora Sofía Espiñeira presenta o seu primiero traballo "Aló onde agroman as herbas". Esta moza ven de gañar un concurso de autor en galego no concello de Teo e hoxe dá a coñecer o que definde como "biografía escrita en música e canto". A cita é a partir das 22h.

Mañá sábado, A Corte dos Bois, en Sandiás, acolle o concerto de Camarada Nimoy. Os de Vigo tocarán os temas do seu traballo "Alucinacións Acústicas", un son que se caracteriza pola mestura de psicodelia, surf, swing e jazz. A música dará comezo a partir das 23h.

O domingo terá lugar en Xinzo o día de Piñata, o último festexo do 2016. De 12h da mañá a 15h actuarán as charangas XL e Caliqueños. Ás 17h é a quenda dos máis cativos coa piñata que estará amenizada por Troula Animación. áS 18h volverá a música das charangas ata as 22h e que se alternará coa actuación da orquestra "La Fórmula" que fará dous pases, un de 18.30h a 20h e outro de 20.30h a 22h.

En canto á oferta cinematrográfica, Cine Gesma trae á súa carteleira o filme "Zootrópolis", que recolle as aventuras dun grupo de animais. A película infantil poderá verse venres 12, sábado 13, domingo 14, luns 15, mércores 17 e xoves 18 ás 18h10´ e ás 20h. 

 

 

Comentarios