miércoles 28/7/21

Concertos e literatura volverán a encher Xinzo de cultura no inicio do verán tras o parón pola pandemia

O primeiro deles terá a praza Carlos Casares por escenario
Odaiko
Odaiko

Odaiko ofrecerá unha actuación na praza Carlos Casares este mércores 23 ás 20:30

O verán de Xinzo será este ano un pouco máis parecido aos que se recordan antes da pandemia, polo menos no que a actos culturais se refire. Co inicio do período estival, concertos e literatura volverán a encher a vila de cultura.

presentaciónO primeiro deles terá a praza Carlos Casares por escenario. O Conservatorio Profesional de Música ofrecerá un concerto de fin de curso do 23 de xuño a cargo do grupo de percusión Odaiko. A actuación comezará ás 20.00 horas e os interesados en asistir deberán ter en conta que o aforo será limitado e que haberá que cumprir todas as medidas de seguridade.
A literatura cobrará protagonismo o día 25 de xuño coa presentación do libro “Anarquistas galegos en América”, de Bieito Alonso. Está previsto que no acto interveñan, ademais do autor, a docente Sara López, e o escritor Antón Riveiro Coello. Este acto cultural celebrarase no auditorio municipal Ángel Cocho, ás 20.00 horas.