miércoles 30/9/20
A banda ourensá é a terceira en chegar ó ciclo de actuacións estivais, despois de "Chupadeskay" e "Habitación Vudú"

"Limia Sonora" presenta esta noite o concerto de Guezos

O concerto terá lugar na praza Carlos Casares (Xinzo de Limia) ás 23:00 horas.

Ciclo de concertos de verán "Limia Sonora". | FOTO: Cedida.
Ciclo de concertos de verán "Limia Sonora". | FOTO: Cedida.

Guezos é unha banda de rock-pop-folk ourensá que pode presumir de composicións moi diversas, que poden incluirse en calquera estilo. 

A actuación do grupo terá lugar en Xinzo hoxe, sábado 15 de agosto, ás 23:00 horas, na praza Carlos Casares.

Nas súas composicións, destacan as melodías e harmonías propias do folk misturadas coa potencia do rock.

O nome da banda foi recollido dun dicionario Galego-Barallete e significa "Rapaces ou nenos duns 13 ou 14 anos".

Guezos é o terceiro grupo que actúa en Xinzo, no ciclo de concertos estivais proposto pola iniciativa "Limia Sonora". O músico Pablo Barge, co seu novo proxecto Chupadeskay e os limiáns de Habitación Vudú foron os predecesores.

Comentarios