miércoles 8/12/21

Un novo Nadal vén sempre acompañado do xa tradicional concerto organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia e colaboración coa Concellería de Cultura que dirixe Luís Miguel Gil.

O concerto será a cargo do alumnado do centro e terá lugar mañá mércores, ás 20 horas no Auditorio Municipal (situado na Casa da Cultura).

Alumnos –futuros músicos limiáns–, familiares, veciños e visitantes poderán desfrutar o traballo que esta institución educativa profesional desenvolve ao longo de todo o ano. Por un novo ano cheo de boa música!

Comentarios