miércoles 5/8/20
Nadal

A Coral Santa Mariña despide o ano cun concerto

O Concerto de Nadal terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Cartaz promocional do concerto.
Cartaz promocional do concerto.

Mañá xoves, día 29 de decembro, veciños e visitantes da vila de Xinzo de Limia poderán desfrutar do Concerto de Nadal da Coral Polifónica Santa Mariña. A actuación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura, pertencente á rede de auditorios provincial de Ourense.

O concerto está organizado pola Deputación de Ourense en colaboración co consistorio limiáne forma parte da programación cultural e de ocio das festas de Nadal. Dará comezo a partir das 21 horas.

Comentarios