jueves 02.07.2020

Música francesa para bailar un swing e ópera para cortar o pelo na axenda de ocio da fin de semana

Música francesa para bailar un swing e ópera para cortar o pelo na axenda de ocio da fin de semana

    A Corte dos Bois en Santa Ana, Sandiás, presenta o concerto que pon fin ó II Ciclo de Jazz. "The Coquettos" son os encargados de por punto e final a este ciclo musical. Un pouco de swing francés dos anos 30 da man de Rafa Fernández coa guitarra acústica, Humberto Cao, voz e violín e Juan Cañada co contrabaixo. 

A actuación está programada para este sábado día 9 a partir das 23h. 

Tamén o sábado a Arca da Noe acolle un espectáculo que mestura música con estilismo. Mónica de Nut presenta unha montaxe innovadora e vangardista baixo o nome de "Non te cortes coa ópera". A cantante clásica ofrece un concerto de ópera ó tempo que corta o pelo, arranxa barbas ou pinta as uñas do público.

Unha performance peculiar e divertida coa que poderán gozar na noite do sábado, en Vilar de Santos, a partir das 22h.

 

Comentarios