martes 21/9/21

Dende mañá esta aberta a exposición sobre Antón Tovar

No Museo da Limia de Vilar de Santos

ANTON TOVAR
Exposición sobre a figura de Antón Tovar
A  mostra, pode ser visitada os sábados e domingos, de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, ata o día 26 de outubro –data na que se cumpren 100 anos do seu nacemento− ubicada na Biblioteca da Limia e na Sala Xaquín Lourenzo, consta de exemplares de varias das primeiras edicións dos seus libros, textos inéditos, manuscritos, documentos da vida do autor, os orixinais das ilustracións do primeiro libro, El tren y las cosas, obra de Arturo Baltar, caricaturas e retratos de autores limiaos (Xosé Lois Carreira, Victoria Taboada e Manuel Traveso, Toño Monteiro, entre outros), fotografías e un texto específico do Presidente do Padroado, Delfín Caseiro.