miércoles 30/9/20

Este domingo, Gabriel Prada chega a Xinzo co seu espectáculo "Quimera"

O show infantil-familiar levarase a cabo na Praza Carlos Casares e, en caso de choiva, trasladarase ó Auditorio da Casa da Cultura.

Cartaz de presentación de "Quimera" de Gabriel Prada. | FOTO: Cedida.
Cartaz de presentación de "Quimera" de Gabriel Prada. | FOTO: Cedida.

As producións Corbacho, en colaboración coas iniciativas "Cultura no Camiño 2020" da Xunta de Galicia, achegan o espectáculo "Quimera", da man do actor valdeorrés Gabriel Prada

A función terá lugar o vindeiro domingo, 16 de agosto, ás 20:30 horas, na praza Carlos Casares (Xinzo de Limia).

"Quimera", que xa estivo percorrendo durante os últimos anos varios países -entre eles México, Marrocos e Arxelia- é un espectáculo infantil deseñado para toda a familia, no que o humor é o protagonista esencial.

Comentarios