jueves 22/4/21

Entregados os premios dos minicontos de medo e terror Samaín 2020

Vales de compras en librarías e cestas de agasallos para os gañadores

Premiados coa alcaldesa

Por mor da pandemia, poucos foron os que puideron acompañar aos gañadores na entrega dos premios da primeira edición a que asistiron a alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez

Na categoría infantil os premiados foron Naia Sánchez; Xián Pena e Eloy Rodríguez e na categoría xuvenil Shaila Franco; Mirian Opazo e Xaira Pena.

Todos os premiados tiveron que ler os seus traballos.

Finalizado o acto de lectura e entrega Elvira Lama felicitou aos gañadores e agradeceu a súa participación nesta primeira edición animándoos a continuar augurando que en pouco tempo algún deles pode coller o testiño dos moitos escritores importantes que xa temos na Limia.

Ramiro convocounos a participar na seguinte edición, que esperamos dixo, xa sexa sen máscara.

232323