domingo 08.12.2019
Nadal

Espectáculo de teatro musical mañá en Bande

É unha das actividades enmarcadas dentro da programación da "rede de espazos culturais" da Deputación de Ourense para fomentar a música e as artes escénicas na provincia.

Imaxe do centro da vila de Bande.
Imaxe do centro da vila de Bande.

Enmarcadas dentro da programación da "rede de espazos culturais" da Deputación de Ourense para fomentar a música e as artes escénicas na provincia, terán lugar ao longo desta semana as actuacións de "Animar-t" e "Odaiko" no salón de actos do municipio limián de Bande.

Hoxe mércores, día 28 de decembro, dende as 18 horas "Animar-t" trouxo o seu espectáculo de animación "A bailar no Nadal". Foron dúas horas de xogos musicais, cancións, cantaxogos, maxia, concurso de baile e moitas máis sorpresas para os cativos que se achegaron a Bande.

Mañá xoves, a partir das 20 horas, será o turno para o grupo "Odaiko" co seu espectáculo de teatro musical "Invención", orientado para un público familiar. Este espectáculo percorre distintos momentos históricos, facendo un repaso ás grandes invencións da historia da humanidade. Comeza no século XVIII e avanza ata chegar á actualidade. Falarase, entre outras moitas cousas, da orixe da batería ou outros instrumentos musicais que naceron fortuitamente grazas á experimentación do día a día.

Comentarios