miércoles 30/9/20
O espectáculo terá lugar na Praza Carlos Casares ou no auditorio municipal en caso de choiva

O espectáculo de títeres "Boneca Lareta" chega a Xinzo

A produtora multidisciplinar achégase ata o concello limiano para presentar o seu novo proxecto titulado "Vacacións no mar". 

Cartaz promocional do espectáculo "Vacacións no mar", da produtora Boneca Lareta, que terá lugar en Xinzo o vindeiro sábado, 8 de agosto. | FOTO: Cedida.
Cartaz promocional do espectáculo "Vacacións no mar", da produtora Boneca Lareta, que terá lugar en Xinzo este sábado, 8 de agosto. | FOTO: Cedida.

A produtora Boneca Lareta nace no ano 2010 como un proxecto artístico multidisciplinar, unha fábrica de ideas onde opera un equipo de creadores que mestura dinamismo e profesionalidade; madurez e experiencia. 

Este sábado, 8 de agosto, chegan ao municipio de Xinzo de Limia para a presentación do seu espectáculo, infantil e familiar, "Vacacións no mar"

As súas producións levan percorrido xa varios países, entre eles: España, Italia, Austria, Colombia, Grecia, Uruguai, Canadá e México.

O evento comezará ás 20:30 horas na praza Carlos Casares e contará con todas as medidas de seguridade para cumplir co protocolo sanitario. En caso de que o tempo non o permita, trasladarase ao Auditorio Municipal, na Casa da Cultura de Xinzo. 

Comentarios