Estreouse en Xinzo con coloquio a longametraxe “O Corpo aberto”

Coloquio con Elena Sijo ao fin do visionado da longametraxe "O Corpo Aberto"
Estreouse en Xinzo con coloquio a longametraxe “O Corpo aberto”

Elena Seijo, actriz ourensá participou na presentación e no posterior coloquio onte en Xinzo.

Onte a noite estreouse en Xinzo no cine Gesma O Corpo Aberto, que conta coa banda sonora da música galega Mercedes Peón, rodouse integramente no Xurés-Gêres, entre as aldeas portuguesas de Tourem y Pitoes, na freguesía de Montalegre; e nos concellos galegos de Muíños, Lobeira e Calvos de Randín, na provincia de Ourense.

Elena Seijo e a propietaria do cine Gesma
Elena Seijo e María, propietaria do cine Gesma

Tamar Novas, María Vázquez e Victória Guerra ademais da aourensá Elena Seijo, e moitos máis actores galegos protagonizan este longametraxe de terror folk escrita pola propia directora xunto a Daniel D. García e baséase nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín, un dos autores máis importantes e representativos da nosa literatura contemporánea.

CA_CARTEL_GALEGO_AF_
CA_CARTEL_GALEGO_AF_

Ao comezo do 1º pase estivo departindo co público asistente Elena Seijo, e participando nun pequeno coloquio ao final da exhibición.

Sinopse:
1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, una aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos paixonais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da vila libera a un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.