1 de diciembre de 2020, 21:48
Da man do xornal La Región chegou,ata o 13 de decembro á Praza Maior de Xinzo, a exposición conmemorativa do centenario da Revista Nós, que naceu en Ourense en 1920.
Trátase dunha exposición itinerante que estivo a percorrer este ano diversos concellos da provincia e que agora chega á nosa vila.
Ademais das autoridades locais asistiu a comisaria da exposición a escritora e periodista ourensá Maribel Outeiriño.