miércoles 30/9/20

Fani Triana presenta unha nova forma de ollar, amosar e emocionar coa arte do encantamento

A ilusionista chega a Xinzo cun espectáculo de maxia nada convencional e deseñado para toda a familia.

A ilusionista Fani Triana. | FOTO: Cedida.
A ilusionista Fani Triana presenta o seu espectáculo de encantamento. | FOTO: Cedida.

A actuación terá lugar o este sábado, 15 de agosto, ás 20:30 horas na praza de San Roque, en Xinzo.

A través do seu espectáculo, Fani Triana presenta un xeito diferente de ollar, amosar e emocionar coa arte do encantamento: dende a mirada dunha muller e da igualdade.

A ilusionista conta cunha dilatada experiencia profesional no mundo da maxia en teatros, auditorios, colexios, asociacións e museos, pero tamén en espectáculos máxicos guionizados na igualdade ou nos que se rompe cos estereotipos racistas habituais. 

A actuación está programada dentro das iniciativas "Cultura no Camiño" e pretence crebar clixés e rachar co preestablecido. 

Comentarios