martes 29/9/20
Dous capítulos cada tarde/noite

Literatura dun limián, contra o estado de alarma.

En exclusiva, novela por capítulos escrita por  Rafael Laso, e non publicada
Literatura dun limián, contra o estado de alarma.

Corren días difíciles, estes de reclusión por mor do coronavirus. Cómpre facer caso das indicacións das autoridades para que entre todos poidamos vencer a batalla que se libra en todo o país. Por tal motivo, a prensa dixital é unha das vías de escape e de lecer para estes días de recollemento forzoso. Unha prensa que nos informe e manteña ó tanto das últimas novas que van chegando e dos últimos sucesos que vaian acontecendo.

amores de diarioMais, con todo, a prensa tamén ten a obriga de entreter, de colaborar nestas circunstancias nada habituais para que non todo sexan noticias desalentadoras. Conscientes diso, no xornal Dende a Limia, queremos colaborar para que todos os nosos lectores, homes e mulleres, mozos e mozas ou rapaces e rapazas, poidan atopar nas páxinas deste diario algo que nos tire desa rutina e horas atrapados entre catro paredes.
E a nosa colaboración vén en forma de novela. Novela que temos que agradecerlle ó seu autor, o escritor Rafael Laso Lorenzo, colaborador habitual nas páxinas deste xornal dixital, que a cede de xeito totalmente desinteresado para que sexa publicada e poida ser desfrutada por todas aquelas persoas que se acheguen ó dendealimia.com  .
A novela, ambientada nun xornal tradicional, no mundo dos contratos en prácticas ou de bolseiros, leva por título Amores de diario, e será publicada aquí por capítulos.
No Dende a Limia non nos queda máis que agradecer ó autor o seu xesto e desexar que os lectores valoren e desfruten desta iniciativa cultural contra o estado de alarma no que estamos vivindo.