Miro Martínez Cerredelo recibirá o nomeamento de “Fillo Predilecto” este sábado día 5 de novembro

Edelmiro Martínez Cerredelo "Miro"
Miro Martínez Cerredelo recibirá o nomeamento de “Fillo Predilecto” este sábado día 5 de novembro

Ás 12:00 comezará o acto oficial no Salón de Plenos do Concello

Despois da aprobación do nomeamento de Fillo Predilecto no último pleno extraordinario da corporación a Edelmiro Martínez Cerredelo “Miro”, este sábado día 5 a Alcaldesa Presidenta da Corporación Local fará entrega dos documentos que así o acreditan ademais de facerlle entrega tamén da medalla de ouro do Concello.