martes 21/9/21

O museo da Limia vai a conmemorar o centenario do nacemento do escritor limián Antón Tovar

Conferencias, mesas redondas recitais e exposicións

 

Museo da Limia
Museo da Limia

Para conmemorar o centenario do nacemento do escritor, o Museo da Limia (Vilar de Santos) vai promover no territorio limiao unha serie de iniciativas encamiñadas a difundir e potenciar a obra tovariana e a coordinar unha campaña  que demande á Real Academia Galega a concesión do Día das Letras Galegas 2022 ao poeta da Pereira, instando a participación das institucións públicas, dos centros educativos e das asociacións culturais da zona.

Programación:

Antón TovarDifusión nas redes

En colaboración con Xeitura S. Coop. Galega, co CEIP Carlos Cid Arregui e coa Biblioteca Pública Antón Tovar de Rairiz de Veiga, acométese a primeira acción do centenario, como se fose un cartaz audiovisual. Varios escolares do colexio do concello recitarán fragmentos da obra de Tovar, que serán gravados en vídeo e difundidos nas redes sociais.
Conferencia
Análise e valoración  da obra de Antón Tovar por parte dun dos seus estudosos máis cualificados.
Mesa redonda
Debate sobre a poesía de Tovar, coa participación de analistas significados.

Recitais

Recital dunha escolma de textos da súa obra publicada, na voz dos escolares.

Recital dunha escolma de textos inéditos do autor, na voz de veciños e veciñas do territorio.

Evocacións de autores da Biblioteca da Limia

Autores da Biblioteca da Limia elaborarán textos evocadores do poeta e da súa obra para seren publicados na web do museo, como argumentario para reivindicar a dedicación do Día das Letras Galegas 2022.
 

Interpretacións musicais

Actuación de intérpretes que puxeron música a poemas do autor
 

Exposición

En colaboración con diversas entidades, exposición de libros, manuscritos, fotos e obxectos relacionados co autor e a súa creación.