miércoles 28/7/21

Non se cubriu todo o aforo para ver “cuñados”

A sesión comezou con máis de media hora de retraso por mor dun fallo técnico de son

IMG_20210710_231003

Cando xa a maioría do público asistente, aínda que sobraron prazas, estaba sentado, un representante da empresa que está a levar todas as sesións de cine por Galicia, tomou a palabra para dicir que efectivamente estas sesións, non soe ir ás vilas que teñen salas de cine.

IMG_20210710_223106Viñeron a Xinzo, seguiu manifestando, porque a sala estaba pechada, e non tiñan noticias de que fose abrir de inmediato e con esta película galega.

Pediu ao público que se desfrutaban coa mesma, animasen aos seus parentes e veciños, para que en canto abrira, fosen a vela.

A “MALDICIÓN DO GESMA”

Todo estaba a ir  moi ben. Noite cunha temperatura excelente, público animado e controlados os seus datos antes de entrar no recinto, segundo as normas covid,  e todo preparado.Pero no momento de comezar a exhibición, como se dunha “maldición cinéfila” se tratase, o son deixaba de funcionar, cando durante as probas ía todo perfectamente.

Máis de media hora tiveron que esperar os espectadores para o comezo da sesión, aínda que algún canso de esperar, abandonou o recinto, para unha mellor ocasión.