jueves 5/8/21

"Páxaros de prata"

Exposición na Arca da Noe do artista Alexandre Folgoso
00020

Este domingo 14 de marzo ás 13h, inaugúrase na Arca da Noe a última exposición do artista Alexandre Folgoso (Xinzo de Limia, 1996) na que amosa unha parte do seu universo poético. A inauguración de “Páxaros de prata” estará amenizada por DJ Tristón que aportará ritmos sonoros a velada. A exposición estará até o mes de maio en Vilar de Santos.

Páxaros de prata

Esta exposición fotográfica amosa o universo poético de Alexandre Folgoso, no que o misterio e a maxia son protagonistas. Unha imaxe evocadora igual ca un poema, é unha porta que dirixe a un lugar descoñecido, abrindo novos mundos de posibilidades infinitas.

As fotografías que conforman “Páxaros de prata” son pequenos haikus simbólicos que atopan no misticismo da noite e nas terras da Limia o seu pano de fondo. A exposición, no seu conxunto, trátase dun collage de estampas alegóricas abertas a interpretación do público, quen, á súa vez, disporá dun espazo habilitado para tamén formar parte da obra, achegando as súas interpretacións ou os seus sentires sobre a mesma.

Cada fotografía é un páxaro de prata agardando a que a espectadora lle permita voar na súa imaxinación.

Biografía do autor

Alexandre folgosoAlexandre Folgoso (Galiza, 1996), é un fotógrafo e filólogo especializado en estudos literarios. Na súa obra explora a relación entre fotografía e motivo poético, nutríndose da simboloxía e do sustrato cultural galego na procura dun universo poético propio. Acredita na fotografía analóxica como medio de creación, considerando a fotografía química  máis cercana á artesanía da imaxe.

En canto a súa traxectoría artística, a súa obra formou parte de varias exposicións individuais e colectivas sendo seleccionado no último de certame de “Novos Valores” convocado pola diputación de Pontevedra. O seu traballo ten sido publicado en medios especializados tales como Caleidoscópica (Caderno de fotografía galega) ou Contrafotografía; e tamén en numerosas publicacións independentes. Na actualidade, está a piques de ver a luz a súa colaboración cun poeta ourensano.