miércoles 30/9/20
O aforo é limitado: será preciso reservar previamente

Xinzo acolle a presentación de "48 horas", o novo libro de Cándido Paniagua

O evento terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello e contará coa presenza de Manolo Seoane e  Luís Álvarez Pousa.

Cartaz oficial da presentación que terá lugar este venres, 7 de agosto, na Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Cedida.
Cartaz oficial da presentación que terá lugar este venres, 7 de agosto, na Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Cedida.

O evento terá lugar hoxe, venres 7 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa do Concello de Xinzo de Limia, de onde o autor é natural.  

A obra relata a enigmática desaparición de Lois Figueirido, ao que tanto familiares como amigos teñen que atopar nun tempo límite de 48 horas. O autor crea un diálogo coa introspección, a historia local e as redes sociais.

A presentación retransmitirase ao vivo a través da conta de Instagram: @cultura_de_xinzo.

O aforo é limitado e solicítase a inscrición previa, enviando un WhatsApp ao teléfono: 604078053.
 

Comentarios