miércoles 5/8/20

Primeiro concerto post Covid ao 100%

Dos membros da Agrupación Musical da Limia, na praza Carlos Casares

IMG_20200719_213837

Por mor da celebración das festas de Sta. Mariña a A.Musical da Limia preparou un repertorio totalmente festivo, alegre e divertido para o público asistente, que esta vez case encheu o aforo permitido.

EN RECORDO DE ENNIO MORRICONE

Música popular, lixeira, entre as que se atoparon a banda sonora de La Misión na honra de Ennio Morricone, My Way de Frank Sinatra, así como música de pachanga para rematar con tódolos asistentes en pe o himno Galego.

IMG_20200719_213425

HOMENAXE A DOUS COMPOÑENTES

A Banda e o seu director quixo render unha homenaxe particular a dous compoñentes, xoves, da banda que remataron o grao profesional, Noelia e Josiño, este último aprobando as probas de acceso ao conservatorio profesional de Vigo. Unha honra para esta agrupación.

A PARTIR DE MAÑA, COMEZARÁN OS ENSAIOS CO 100% DOS COMPOÑENTES PARA PREPARAR O CERTAME GALEGO A CELEBRAR EN DECEMBRO