Quedou aberta a exposición “Mulleres símbolo do Rural”

Asistentes a inauguración da exposición
Quedou aberta a exposición “Mulleres símbolo do Rural”

Asistiron a inauguración familiares de Genoveva Vázquez así como algunha mulleres que forman xa parte desta exposición.

A Valedora do Pobo Dolores Fernández Galiño, xunto coa deputada provincial da área de igualdade da Deputación Luz Doporto Real, a alcaldesa de Xinzo Elvira Lama e a coordinadora da Escola. Lola Rico foron as encargadas de presentar a todos a exposición e os seus pormenores.

Asistentes a inauguración da exposición
Lola Rico, Dolores Fernández, Elvira Lama e Luz Doporto

Nunca a sala de exposicións que o concello ten na Casa da Cultura estivo tan concorrida como na tarde de hoxe, que ninguén dos que forman parte da “familia” da Escola de Saúde da Limia, quixo perdela.

Tamén estaban presentes mulleres que pola súa valía xa están na exposición, que seguirá aumentando a medida que se vaian publicando as súas vidas e traballos, neste xornal, así como familiares doutras que por desgracia xa non se atopan entre nos, como é o caso dunha das grandes protagonistas da mesma Genoveva Vázquez.

Familia de Genoveva

Nos seus discursos de presentación, tanto Elvira, como Lola e Dolores, falaron da importancia da muller na nosa sociedade, e sobre todo na sociedade rural galega.

Elvira anunciou un acto que se levará a cabo en semanas cal é a colocación dunha placa na casa onde naceu Genoveva, a cal axudou a nacer a moitos limiás, e a cal, segundo as súas palabras, nunca lle agradeceremos suficientemente o seu traballo e dedicación.

Asistiron tamén a inauguración concelleiros do grupo de goberno e oposición de Xinzo así como concelleiros doutros concellos da contorna.